jueves, 25 de octubre de 2018

O SAMAÍN CHEGA A NOSA AULA


Boas a tod@s!

Hoxe dedicamos unha sesión da nosa mañá a falar dunha festividade que está próxima a ter lugar, o Samaín. Falamos das orixes de dita celebración no sea da cultura celta e de como foi evolucionando ata chegar a ser o que hoxe coñecemos. Descubrimos, que a pesares do que moitos pensan, a festividade de Halloween, tan en auxe nos últimos tempos, deriva do Samaín e non ao revés. Falamos tamén sobre o significado de símbolos como as cabazas, as fantasmas ou as cruces, así como da Santa Compaña.

Deixamos a continuación o enlace a un breve vídeo que vimos na clase onde se explica de maneira moi divertida a orixe da festividade de Halloween no cal se fai referencia a súa orixe na festividade celta do Samaín.



Ademais de falar sobre o tema, tamén realizamos distintas manualidades  recreando os símbolos para meternos de cheo no terrorífico mundo do Samaín. Aquí unha mostra do resultado final:









Como podedes observar hoxe pasamos un pedazo da nosa mañá divertíndonos, ao mesmo tempo que  traballamos e aprendismos cousas novas sobre o Samaín. Ademáis, para rematar, repartimos larperiradas terroríficas como premio ao noso traballo, comportamento e implicación coa actividade.  Aínda así, sabemos que non todos os días poden ser festa polo que, tras un día un tanto diferente, mañá retomaremos a normalidade na aula, eso sí, ben acompañados e protexidos contra os espíritos.






Esperemos que bos guste o resultado,

Un saúdo de parte de todos os nenos e nenas de 5º B :)



No hay comentarios:

Publicar un comentario