sábado, 24 de noviembre de 2018

PROXECTO PLÁSTICA I: DUBUFFET


Boas tardes a todos e a todas!

Na materia de plástica estamos a traballar co proxecto "Os artistas descoñecidos máis famosos do século XX" o cal perdurará ao longo de todo o curso.

O proxecto consiste en dar a coñecer artistas do século XX destacados en distintos campos artísticos como a pintura ou a escultura. O que faremos será poñernos na pel destes  artistas analizando e recreando a súa obra seguindo o seu estilo. Serán exercicios  onde teremos liberdade para expresarnos e dar a nosa propia visión do autor.

O primeiro artista que coñecemos foi o francés Dubuffet, que nos ensinou que todos podemos ser artistas, só temos que buscar no noso interior e deixar voar a nosa imaxinación.  Aquí deixamos a presentación que vimos en clase para que vos tamén podades coñecer a Dubuffet.


 

Aquí deixamos o enlace por se queredes descargala. DUBUFFET

Para que vexades as nosas creacións aquí deixamos unha imaxe con todos os nosos traballos os cales colgamos no corredor do colexio para que o resto de compañeiros doutras clases poidan velos. 


Un saúdo para tod@s! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario