jueves, 17 de enero de 2019

TEMPO DE PARARSE A OBSERVAR

Boas a todos e a todas!

Hoxe pasamos unha mañá diferente. Saímos do cole e camiñamos polos arredores analizando as plantas que habitan na nosa zona. Analizamos o seu tipo e as súas características. Repasamos tamén as formas das follas e recolectamos algunhas para confeccionar un pequeno herbario.

A  actividade resultou todo un éxito. Gustounos moito este pequeno paseo que nos serviu para repasar o tema das plantas que estamos a estudar á vez que nos parábamos a analizar o noso entorno, unha gran fonte de aprendizaxe que deberiamos ter moito máis presente.

Aquí deixamos unha mostra do resultado final para que podades compartilo coas vosas familias. 











Un saúdo para tod@s! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario