Onte nos puxemos na pel dun grupo de naufrágos para realizar unha dinámica de traballo cooperativo. A actividade consistía en poñerse de acordó todos os membros do grupo para, tendo en conta unha serie de características, tratar de sobrevivir nesa illa aparentemente deserta.
Esto de actividades resultan moi enriquecedoras pois nos axudan a aprender a traballar en equipo e melloran as nosas habilidades para relacionarnos co resto, exponer os nosos puntos de vista e argumentos e aprender a escoitar aos demais.
Se pinchas na palabra NAUFRÁXIO podedes descargar dende a casa o documento da actividade para revivila na casa coas vosas familias se así o desexades. Recordade que non hai respostas correctas, o obxectivo da tarefa e poñerse dacordo escoitando aos demais e expoñendo os nosos argumentos de forma respetuosa para alcanzar un consenso.
Deixamos tamén a modo de despedida un vídeo que nos permite reflexionar sobre a importancia e os beneficios que pode ter traballar en equipo.
Un saúdo a todos e a todas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario