jueves, 29 de noviembre de 2018

25N


Boas a todas e a todos! 

Hoxe traemos unha entrada moi especial. O pasado domingo, 25 de novembro, conmemorouse o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. 

A violencia de xénero é nos nosos días un dos principais problemas a solucionar dentro do ámbito da loita pola igualdade. Como vimos na clase, o concepto de violencia de xénero engloba moitas accións e actitudes que moitas veces se consideran normais e aceptadas, cando non debería ser así. Vimos tamén que é un problema que afecta principalmente ás mulleres e que por iso dito día se dedica a elas.

Dada a importancia que ten tratar estos temas, na aula de lingua galega traballámolo facendo unha letura e unha ficha de comprensión letora sobre a orixe de dita conmemoración. Ademáis, fixemos un pequeno debate sobre e vimos unha presentación. Por último para concienciar a todo os nosos compañeiros da importancia de ter presente a violencia de xénero como un problema actual,  deixamos a nosa pegada nas paredes do corredor con frases en favor da loita contra a violencia de xénero e  da igualdade. 

Aquí deixamos a presentación por se queredes volver a vela, e se pinchades no seguinte enlace podedes descargala para vela no voso ordenador: 25N: Día internacional contra a violencia de xénero




Deixamos tamén unha mostra do resultado final do espazo que creamos libre de violencia de xénero.

 



Por último, adxuntamos unha presentación feita por tres alumnas da clase que traballaron con dito tema a partir do libro "Mulleres e homes" da escritora e ilustradora Luci Gutierrez. Este é de gran interese xa que pode incluso facer que moitos abramos os ollos e pasemos a ser conscientes do gran camiño que queda por percorrer no ámbito da igualdade. 






Moitas grazas a tod@s e en especial a estas tres alumnas tan concienciadas coa causa. Noraboa polo voso traballo sobre un tema tan destacado! 

Un saúdo a todos  e especialmente a todas! :)

ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA DE XÉNERO


No hay comentarios:

Publicar un comentario