Bos días a todos e a todas!
Nesta entrada traemos un traballo realizado polos nenos e nenas como resposta ao desafío proposto polo noso amigo Cascarilla.
Todos os anos, dende a biblioteca do cole organizan una iniciativa que chega ás nosas aulas cada martes durante o primeiro trimestre. O último dos desafíos que nos propuxo Cascarilla foi investigar que era un caligrama e crear un propio.
Tras unha pequena busca descubrimos que os caligramas son composicións poéticas onde o contido do poema queda reflectida na súa tipografía, é dicir na forma na que aparecen dispostos os seus versos. Ademáis, vimos algúns exemplos que nos axudaron na nosa tarefa. Finalmente tendo en conta todo o que aprendimos puidemos crear os nosos propios.
Acontinuación deixamos unha mostra do traballo que realizamos:
Se queredes ver máis caligramas elaboradas polo resto de alumnos do centro nos tedes mais que entrar no blog da biblioteca que queda enlazado na barra do lateral dereito.
Un saúdo a todos e a todas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario