martes, 20 de noviembre de 2018

CONMEMORANDO O SAMAÍN


Boas a todos e a todas!

Despois de varias semanas de traballo por fin podemos traervos os resultados do que fixemos na aula e no centro para conmemorar o Samaín. Por fin!

Como xa víchedes na entrada anterior na aula fixemos un taller de escritura creativa onde redactamos contos de medo. Con todos eles confeccionamos a obra "Historias para non durmir" que tod@s levamos hoxe para as nosas casas para que todos podamos desfrutar deles.



Ademáis, nas casas as familias elaboraron distintas manualidades para conmemorar dita festividade. Tivemos na aula cabazas terroríficas, manualidades de magosto feitas con froitas e follas do outono e incluso tivemos doces terroríficos! Moitas grazas a tod@s pola vosa implicación. A continuación deixamos unhas fotos das manualidades elaboradas polas familias desta aula.
´




Pero para que vexades, deixamos tamén un vídeo cunha mostra das manualidades realizadas por todas as familias do centro. Esperamos que vos guste!  Para velo, so tedes que pinchar na palabra Samaín :)


Por último, tivemos a visita da Santa Compaña, pero non tivemos nada de medo! pois grazas ao traballo elaborado por unha compañeira da nosa clase sabiamos perfectamente que tiñamos que facer para que non nos levaran con eles.

Esperamos que disfrutedes con esta pequena mostra do traballo realizado. De novo, moitas grazas pola vosa implicación e pola vosa paciencia.

Un saúdo a tod@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario