Ola a todos e a todas!
Como xa sabédes a semana pasada conmemoramos a festividade de Samaín. Por este motivo, de aquí a que remate a semana estaremos colgando entradas para compartir todo o traballo que fomos realizando que non foi pouco!
Nesta primeira entrada da rolda do Samaín traemosvos un conto de medo, escrito polo grupo TNT. Na aula de lingua galega fixemos un taller de escritura creativa por grupos. Cada un dos equipos de traballo tivo que escribir un relato de terror. Ao rematar fixemos unha votación para entre todos escoller o que máis nos tiña gustado. Deixámosvos co relato vencedor....
"ENCONTROS MISTERIOSOS"
Contas as
lendas que a noite de Samaín os espíritos baixan á terra e vagan polo mundo dos
vivos apoderándose das almas dos débiles para que lles axuden no seu propósitos
de levar con eles a alma de todos os nenos e nenas que non creen neles. Algúns
exemplos coñecidos destes axudantes dos malos espíritos son a nena da curva, a
nena do tren, o pallaso asasino, etc.
Para os que non vos creades esta
historia vámosvos relatar o que sucedeu a pasada noite do 31 de outubro…
AS TRES TRILLIZAS MISTERIOSAS
Conta a
historia que tres irmás nacidas no mesmo día que non crían en historias de
pantasmas a noite do 31 de outubro fuxiron da casa. Querían demostras a todos
que o Samaín non era máis que un conto. Camiñaron cara o bosque, era de noite,
e alí atopáronse con tres camiños. Como non se puñan de acordo, decidiron que
cada unha collería un deles e se
reencontrarían ao final do bosque.
A primeira
das irmáns atopouse no seu camiño cun rapaz que lle quixo advertir dos perigos
de seguir adiante, pero ela non lle fixo caso e continuou andando. De súpeto, o
rapaz converteuse nun demo que a levou con el ao inferno. Así foi como morreu a
primeira das tres irmás.
A segunda
colleu o camiño do centro, pero estaba moi escuro e non viu a trampa que os
espíritos do Samaín lle tenderon. No medio do sendeiro había un gran oco polo
que a nena caeu morrendo ao instante.
A terceira
das irmáns non correu mellor sorte, no seu camiño atopouse a un cazador posuído
polos malos espíritos que a matou dun disparo e a encerrou nun armario para que
ninguén atopase o seu corpo.
Dise que agora as almas destras tres
irmáns vagan polo bosque esperando cobrar vinganza.
NENOS NO PARQUE
Neste caso
ímosvos contar a historia de catro nenos que non crían nas historias de medo,
nin na maxia malvada que marca a noite de Samaín. Quedaron como outro día
calquera para xogar no parque, pero esta vez, quedaron ben entrada a noite…
(unha mala idea). Pero non estaban sos, o espírito do pallaso asasino decidiu
acompañalos aquela noite.
O pallaso tiña a capacidade de recrear os medos mais ocultos das persoas. Por iso cando
creou a ilusión de que os pais dos nenos estaban mortos, neles solo xurdiron
emocións negativas que lle deron ao
pallaso as forzas que precisaba para poder capturalos. A historia destes catro
nenos remata na cova do pallaso asasino, a onde foron levados para ser
devorados.
E así é
como pouco a pouco os espíritos do Samaín vanse apoderando das almas daqueles
valentes, ou inconscientes máis ben, que non creen neles.. continuemos coas
historias, pois isto, non é todo.
PERIGOS NA ESTACIÓN
Esa mesma
noite de Samaín varios nenos acudiron a estación de tren, un lugar maldito para moitos, pero como eles non crían
nesas historias… Chegado un momento da noite, decidiron que era momento de ir
ao baño. Alí os esperaba a nena do tren. Ao principio non sentiron medo pois
pensaron que non era máis que outra persoa disfrazada, pero a verdade, e que
est5aban moi equivocados.
- Onde podo
atopar as miñas pernas?- preguntou a nena do tren.
Os nenos
quedáronse sorprendidos pola pregunta, pois non esperaban tal cousa polo que se
fixo o silencio.
- TIC – TAC
o tempo remata – volveu dicir a nena do tren.
Tomándoo
como unha simple broma os nenos contestáronlle que mirara no baño, pero a nena
do tren non se mostrou conforme coa resposta e matounos a todos por non habela
tomado en serio. Menos nenos quedan xa no planeta…
NOITE DE MEDO
Outra
historia sucedeuse na casa dun rapaz que celebraba unha festa de disfraces na
súa casa para todos os seus amigos. Comeron larpeiradas, disfrazáronse, viron
películas, pasárono, nunca mellor dito, de medo. Cando chegou a hora de durmir,
ningún tiña sono, e comezaron a contar historias de medo. As cales lles daban
máis risa que susto. Os espíritos do Samaín, ofendidos por tal atrocidade
enviaron a esa festa a Chucky quen acabou con todos os nenos. Sangue nas camas
e no chan e cada vez menos nenos…
A CASA ABANDONADA
Esta é a
historia de cinco nenos que decidiron que a mellor noite para ir a unha casa
abandonada era precisamente a do Samaín. De novo, estamos ante o caso duns
nenos valentes que non tiñan medo a nada. Pero non todo resultou como pensaban…
Que a casa estaba encantada era unha realidade, alí vivía o espírito dunha nena
que morrera moitos anos atrás asasinada polos seus pais dun disparo con ganas
de cobrar a súa vinganza.
As 00:00 os
nenos comezan a escoitar ao fondo do corredor os cantos dunha rapaza e corren a
ver de quen se trata, era o espírito da nena que habitaba na casa. Tras isto so
se escoitaron dez disparos: PUM, PUM, PUM, PUM, PUM, PUM, PUM, PUM, PUM, PUM…
cinco nenos menos.
O AUTOBÚS NOCTÁMBULO
Esta
historia conta como varios nenos que viaxaban en autobús cantando cancións e
pasándoo ben nunha noite de Samaín enfadan aos espíritos. Estes, vendo que os
nenos do autobús no tiñan medo envían a nena da curva.
Ao chegar a
curva, comezan a escoitar gritos de auxilio: Socorro, socorro!. O condutor non quere deterse, sabe que se
trata dunha trampa, pero os nenos, que non teñen medo a nada obrígano a parar
(un gran erro). Segundos despois a nena da curva entra no autobús e acaba cos
24 nenos e nenas que nel viaxaban.
24 cabezas
cortadas, 24 corpos no chan, moita sangue, 24 nenos menos.
TRUCO OU TRATO
Unha práctica
moi estendida e a de pedir larpeiradas polas casas de veciños e coñecidos a
noite de Samaín vestidos de criaturas terroríficas. Uns nenos que de novo non
crían nas historias de pantasmas que se contan nas lendas de Samaín ían
gastando bromas polas casas e metendo medo as persoas. Nunha destas, timbraron
sen sabelo na casa da malvada criatura Blodymary. Este invitounos a pasar e os
nenos sen saber o que lles esperaba aceptaron sen dubidalo. Pero as cousas
remataron mal. Os nenos acabaron encerrados no ataúde presos de Blodymary quen
lles bebeu toda a sangue…
Menos nenos valentes…
A VIAXE FAMILIAR
Imos xa coa
última das historias… Unha familia volvía a noite do 31 de outubro de visitar a
uns parentes cando pola noite, no medio dunha carreteira escura o coche parouse
de súpeto. Os pais asustáronse e decidiron permanecer no coche e chamar a
emerxencias pero os tres nenos sentados no asento de atrás que non tiñan medo
saíron a ver que acontecía. Os pais intentaron impedírllelo, pero nada puideron
facer cando apareceu a nena gótica cunha motoserra e os cortou en pedaciños…
Este
non é mais que un libro con advertencias. Queremos recordarte que se te
atopas nalgunha situación desta o con algún destes personaxes, corre todo o que
poidas e nunca, nunca, nunca, lles mires aos ollos. Pero non teñas, medo, non
te vaia a dar un ataque… Despois de todo, non son máis que historias
protagonizadas por seres que non existen, non si?
FIN
Aquí finaliza este estupendo relato. Se tendes ganas de máis non vos preocupedes que esta en marcha a elaboración dun pequeno libro ilustrado con todos os contos de medo escritos polos grupos que levaremos para casa.
Un saúdo a tod@s! e esperemos que non vos visiten os pesadelos pola noite
Un saúdo a tod@s! e esperemos que non vos visiten os pesadelos pola noite

No hay comentarios:
Publicar un comentario